Derecho Tributario #2

 

 

Derecho Tributario

 

Os actos máis cotiáns están marcados polo Dereito Tributario. Quizais moitas veces non sexamos conscientes diso pero os actos máis simples do día a día ata os negocios xurídicos mais complexos, requiren unha planificación desde todos os puntos de vista do Dereito e especialmente desde o punto de vista fiscal.

Saber as consecuencias tributarias da realización dun feito impoñible é coñecer os teus dereitos e xa que logo temos a preparación necesaria para analizar as distintas normas xurídicas e vías á hora de relacionarse coa Administración Tributaria sempre no marco dos principios de xustiza tributaria contidos no artigo 31 da Constitución que establece que “todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos consonte a súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade que, en ningún caso, terá alcance confiscatorio”.

Os nosos servizos abarcan distintos ámbitos tales como:

  • Asesoramento fiscal.
  • Liquidacions tributarias.
  • Procedementos comprobación de valores.
  • Recursos ante a Administración tributaria.

 

Se precisas asesoramento, non dudes en porte en contacto connosco.