Dereito Administrativo
O Dereito administrativo regula as relacións entre a Administración e os particulares. O acceso á Administración en xeral non sempre é sinxelo nin próximo, é por iso que queremos acompañarche en todos os trámites do procedemento administrativo buscando un acceso próximo e defendendo os teus dereitos.
Son múltiples os trámites que engloban o procedemento sancionador e tamén moitas as ocasións nas que se poden ver afectados dereitos fundamentais. O noso traballo céntrase na defensa en procedementos tales como:
Sancións administrativas.
Realización de alegacións
Recursos no procedemento administrativo en xeral.
Reclamacións patrimoniais contra a administración.
Defensa de particulares e colectivos sociais en procedementos sancionadores en materia de Lei de Seguridade Cidadá (Lei Mordaza).
Defensa na xurisdición contenciosa-administrativa e calquera outro trámite ante a Administración no que sexa necesario asesoramento xurídico.