Equipo

QUEN SOMOS

BARGIELA E FRANCÉS AVOGADOS é un despacho creado en Vigo en 2017, integrado por Agustín Francisco Bargiela e por Irene Álvarez Francés.
Somos avogados novos e comprometidos que entendemos que a nosa profesión é unha ferramenta transformadora da sociedade. Xa que logo, vemos necesaria a cooperación e coordinación dos integrantes que conforman o Despacho mediante apoio mutuo entre os mesmos, a corresponsabilidade nas tarefas de organización e xestión mediante a participación de colectiva e horizontal, sendo estes principios de traballo as engrenaxes que dan calidade ao mesmo.

 

AGUSTIN FRANCISCO BARGIELA

Técnico Superior en Administración e Finanzas, Graduado en Dereito pola Universidade de Vigo, Máster Universitario en Avogacía Dereito pola Universidade de Vigo.
Colexiado nº 3.841 do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.

Linkedin: https://es.linkedin.com/in/agustin-francisco-bargiela

 

IRENE ÁLVAREZ FRANCÉS

Graduada en Dereito pola Universidade de Vigo, Máster Universitario en Avogacía Dereito pola Universidade de Vigo.
Colexiada nº 3.840 do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.

Linkedin: https://es.linkedin.com/in/irenealvarezfrances