Dereito sucesorio

 

Derecho Sucesorio

 

O dereito sucesorio é a parte do dereito civil que se centra en relacións de carácter patrimonial, xa que regula as transferencias patrimoniais e de dereitos que se fan a terceiros tras o falecemento dunha persoa que se denomina causante. Noutras palabras, o dereito sucesorio é o conxunto de normas de dereito privado que regulan a sucesión hereditaria.

Cando unha persoa falece, pode ocorrer que deixase un testamento para regular a repartición do seu patrimonio despois do seu falecemento, ou pode ocorrer que non haxa testamento e atopémonos ante o que se coñece como “sucesión intestada”.

Alén da apertura da sucesión por causa de morte, existen en determinados ordenamentos forais, como en Galicia, os pactos sucesorios como son os pactos de mellora ou apartación. Estes diferéncianse da apertura “normal” dunha sucesión, en que a transmisión dos bens da persoa causante, realízase en vida desta, creando unha ficción xurídica pola que en vida transmítense mortis causa os bens aos lexitimarios.

Tanto na planificación por parte da persoa á hora de preparar o seu testamento, así como naqueles casos nos que os herdeiros necesiten un asesoramento non só para tramitar correctamente todos os aspectos da sucesión hereditaria, senón cumprir coas obrigacións tributarias, é recomendable contar cun bo asesoramento xurídico na materia.

 

Se precisas asesoramiento, non dudes en porte en contacto connosco.