Segunda oportunidade

 

Segunda Oportunidad

 

A Lei 25/2015, do 28 de xullo, de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas de orde social, regula o mecanismo da segunda oportunidade, que é aquel que permite obter dun xuíz a cancelación de todas as túas débedas, tras pasar todas as fases do concurso que regula a norma, ata acabar co BEPI ou beneficio de exoneración do pasivo instatisfecho. A Segunda Oportunidade, é a opción que a lei recolle para obter xustamente, unha nova oportunidade de comezar unha vida sen débedas, sen embargos e sen angustias financeiras.

Este mecanismo, pódeno utilizar as persoas físicas insolventes, que non dispoñen de bens ou recursos suficientes para facer fronte ás súas débedas, e é aplicable tanto a débedas nadas dunha actividade profesional como é o caso de autónomos que tras pechar a súa actividade, conservaron débedas con terceiros, así como a persoas naturais cuxa débeda teña orixe privada.

O procedemento, o cal comeza cunha petición dun cidadán mediante o seu avogado ou avogada, busca, en primeiro lugar, obter un acordo extraxudicial de pagamentos con todos os acredores, levando a cabo esta fase, ben ante un notario, Rexistro Mercantil ou ben ante a Cámara de comercio do domicilio do debedor, dependendo para iso da orixe da débeda.

Se non é posible alcanzar un acordo cos acredores, remataría a fase extraxudicial, e daríase paso á presentación da solicitude de concurso consecutivo, isto é, mediante unha solicitude presentada polo debedor e asinada por avogado dirixida ao xuíz correspondente, cuxo obxecto é a liquidación do patrimonio embargable do debedor e o pagamento dos créditos dos acredores co importe resultante.

Por último, rematado o concurso e liquidado o patrimonio do debedor, no caso en que este aínda teña débedas pendentes, situación que adoita ser a máis habitual, abriríase a fase de tramitación da solicitude de concesión do BEPI, pola que o xuíz, sempre que se cumpran unha serie de requisitos, poderá conceder de forma inmediata a condonación de todas as débedas que se manteñan, ou no seu caso, o establecemento dun plan de pagamentos de 5 anos que terá en conta os ingresos do debedor, tras o cal poderá concederse a exoneración do pasivo que non se puido abonar durante ese período de tempo.

 

Hai que ser conscientes antes de embarcarse na procura da exoneración das débedas, que todo o patrimonio do debedor, vai ver comprometido e liquidado buscando obter liquidez para abonar a maior cantidade de débeda aos acredores, polo que é moi importante, realizar unha estratexia e unha análise previa de todas as situacións, para valorar a conveniencia de acceder ou non a este mecanismo.

 

Se tes algunha dúbida sobre esta ferramenta ao servizo daquelas persoas que buscan unha nova oportunidade nas súas vidas, ou queres que valoremos o teu caso, ponche en contacto connosco, e estaremos encantados de axudarche a seguir adiante.

 

Se precisas asesoramiento, non dudes en porte en contacto connosco.